O ministerio de Cultura pon na picota o décimo aniversario do Festival de Cans
“A súa eliminación é un duro golpe á liquidez do festival e complica a organización do décimo aniversario á espera de concretar o apoio de Agadic”, afirma nas redes sociais a organización do Festival de Cans. Tampouco axuda a actitude da AGADIC, organismo da Xunta de Galiza que xestiona o sector audiovisual e os festivais, que aínda non concederon a entrevista para concretar o apoio de cara á edición de maio de 2013, unha cita solicitada desde hai máis de um mes.
Na resolución da convocatoria de apio aos festival do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais non aparece Cans como tampouco aparecen Curtocircuito, os Premios Mestre Mateo do sector ou a Mostra de Cine Periférico da Coruña. O único encontro galego que se recolle na resolución ministerial é o Play Doc de Tui, ao que, por outra banda, se lle reduce nun 50% o apoio, pasando a 5.000€. O ministerio vén tamén de reducir o orzamento da Real Academia Galega, entidade que aínda non se pronunciou ao respecto.