O CGAC busca autonomía
O Centro Galego de Arte Contemporánea fai 25 anos de vida. As súas dependencias, deseñadas por Álvaro Siza na Compostela monumental, acollen a única colección pública dedicada á cuestión. Pero a pedagoxía e a autonomía son materias pendentes.
Un edifico deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza e situado ao pé do Museo do Pobo Galego, o Panteón de Galegos Ilustres e un redivivo parque de Bonaval acolle a institución. Que naceu, lembra a crítica Natalia Poncela, “de moita reflexión. Pensouse que modelo era preciso, e que espazo cumpría para resolver cuestións concretas”. O Consello da Cultura Galega acolleu a inicios dos noventa os debates entre os axentes implicados no campo artístico que colocaron os alicerces do CGAC. Non se trataba, xa, de construír un museo. Consonte as dinámicas daquela contemporáneas, un centro de arte debía tamén “producila e crear programas públicos para conectala cunha sociedade que non estaba afeita”.
Poncela considera que a maneira de se concibir “foi moi aberta”. Mesmo pioneira, como no caso do departamento de música contemporánea, logo desartellado. A autonomía aínda non rematara o seu despregamento -era a primeira lexislatura de Fraga Irirbarne- e, a dicir de observadoras e expertas, o xogo non estaba fechado. Un museo de artes modernas era outra peza no “proceso de institucionalización cultural do país”. Así o entende o xestor cultural e ensaísta Marcos Lorenzo.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 315 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]