"Non hai nada no mundo que venda como o cinema"
Falamos con Chelo Loureiro, produtora ferrolá de cinema e gañadora dun Goya. É a entrevista Fóra de Serie do Sermos263. Eis un extracto da conversa.
Vai xa para década e media que Chelo Loureiro (Ferrol, 1958) trocou a xerencia dun xornal polo cinema. Nese tempo, os traballos nos que ten participado desde a súa posición de produtora foron nomeados, até en seis ocasións, para os Premios Goya na categoría de animación, o seu xénero de referencia. Foi na sexta ocasión que conseguiu o galardón e fíxoo con Decorado, un filme galego como a empresa que preside, Abano Producións, e dirixido polo coruñés Alberto Vázquez. Ten sona de boa xestora, e debe de ser así cando as empresas en que traballou viviron con ela os seus mellores momentos.
-Que sente ao ter acadado o premio após seis nominacións?
-Como xorde a posibilidade de traballar no mundo do cinema?
-Eu sempre digo que na miña vida todo foi por casualidade, nada foi premeditado. A min, que son un cu inquedo, apaixonada e tremendamente curiosa, interésame moito o mundo das artes en xeral e, así, fun chegando dun lado a outro, mais sempre por casualidade. Na etapa de Sargadelos traballei arreo, organicei moitísimas actividades culturais, máis dun milleiro de exposicións, concertos... Era moi consciente do talento que hai na Galiza e o mundo da animación reúne un pouco esas tres artes –a literatura, a pintura e a música– e é un tipo de expresión artística que me gustou sempre. Logo deuse a circunstancia, a través da escritora Ánxela Loureiro, que estaba a escribir un guión para un filme de animación para
unha produtora que tiña algún problema na parte de xestión, que é a que me toca facer. Ánxela abriume a porta, e de aí pasei a Continental e logo fundei a miña propia produtora, Abano, hai xa dez anos.
[A íntegra desta entrevista, unha dupla páxina, aparece no Sermos Galiza 263, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]