Que facer?

Musicreques estará este domingo no Carballiño

Un momento do último espectáculo de Musicreques

Rosalía Trío

Ourense

Teatro Principal

Sexta feira

Concerto do Rosalía Trío (María José Ladra, mezzosoprano, Juan Pérez Berná, óboe-corno inglés, Margarita Viso, piano), composto por música galega, no Ciclo Lírico de Ourense.

 

Gala Ano da Língua

Tomiño

Auditorio de Goián

Sábado

20.00h

O Auditorio de Goián acolle este sábado 8 de decembro a Gala Ano da Lingua. Presentada por Isabel Risco, durante o acto contarán cunha performance da poeta Tamara Andrés, un espectáculo aéreo a cargo de Rebeca Santos e as actuacións musicais de Andrea Pousa, Leilía e A Banda da Loba.

 

 

Berlai

Vilar de Santos

Arca da Noe

Sexta feira

22.30h

Música ao vivo con Berlai, definido como un indie rururbano que bebe da tradición galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica.

 

Pérdete con nós

Pontevedra

Teatro Principal

Domingo

12.30h

“Pérdete con nós” é un ciclo de bandas sonoras que, desta volta, acolle a peza “Ventos do Nordés” dirixida por Rafael Agulló Albors.

 

Musicreques

O Carballiño

Auditorio Manuel María

Domingo

11.30h

O quebranoces para bebés é unha proposta de teatro infantil, adaptación do espectáculo “As aventuras de Quebranoces” para crianzas de menos de 3 anos.