Os monicreques toman Compostela
As compañías chegarán de Galiza, o Estado español -Valencia e Madrid- e Arxentina. “Reeditamos o duplo compromiso de achegarlles aos novos espectadores o xénero escénico dos títeres e de creación de novos públicos para a escena”, engade Barriga Verde.
O ciclo Teatro Escena con clase comezará o 14 de outubro co Brancaneves, a cargo de Tropos Teatro (Fudnación SGAE). Títeres Cachirulo seguirá despois con Camiños de aventuras (Teatro Principal). E despois A toupiña que quería saber quen lle fixo aquilo na cabeza (centro socio cultural Santa Marta), da Xanela no Maxín.
Para o 15 de outubro, as pezas será A carteira de Augasclaras (Fundación SGAE), de Brincadeira, e un segundo pase da Toupiña. Cincenta (Fundación SGAE), de Danthea Teatro, e Pazzzzzz (Teatro Principal), de La Mar de Marionetas será a programación do 16 de outubro.
A carrapuchiña (Fundación SGAE), de Tres Tigres Teatro, pasarase o 17 de outubro. E o 18, Teatro La Estrella pechará o ciclo na SGAE cos Músicos de Bremen, e a coprodución Cronopios, de Cachirulo, Tres Tigres e Chachakün, o do Principal.
Todas estas obras diríxense ao estudantado de Infantil e Primaria. Para mozos e mozas máis maiores -ESO e Bacharelato- haberá Varioleto, peitiño libertario (15 de outubro, Teatro Principal), de La Pelela Títeres; e Ultramarinos Finisterrae (17 de outubro, Teatro Principal), de Títeres Alakrán.
A programación completa do 24º Galicreques coñecerase “nas vindeiras semanas”.