Marta Dacosta e Eli Ríos, gañadoras do I Premio de Poesía Figurante
27 de xuño de 2013 (19:36 h.)
Dúas mulleres inauguran o I Premio de Poesía Figurante, convocado pola editorial na súa primeira edición. O xurado elixiu por unanimidade os libros “Argola” de Marta Dacosta e “María” de Eli Ríos que serán publicados polo Figurante.
O xurardo destacou o valor literario das obras premiadas e destacou a “pertinencia da mensaxe desde unha perspectiva feminista” ademais do dominio do idioma e os recursos poéticos.
O premio consiste na publciación das obras, en volumes separados, ao longo do presente ano. Dacosta recibe a noticia do premio apenas un mes despois de ter gañado o Johán Carballeira do Concello de Bueu coa obra “dun lago escuro”.