A VÍDEO-COLUMNA DE CARLOS CALLóN

Manuel María e a tribo incomprensíbel

Carlos Callón.

Desta volta Carlos Callón pon o foco sobre a figura de Manuel María, o grande poeta nacional ao que este ano vai dedicado o Día das Letras 2016.

Callón evoca a súa fructífera relación co escritor da Terra Chá: non só partillaron recitais poéticos, senón que o vídeo-blogueiro de Sermos achou sempre apoio entusiasta no autor de Muiñeiro de Brétemas quer nas súas investigacións filolóxicas quer na súa etapa de presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, entidade da que poeta foi socio.

Mesa e Manuel María cruzaron os seus camiños este ano coa edición por parte daquela de A Voz do Vento, un libro CD que recolle musicados textos do autor máis prolífico da historia da literatura galega. Un libro CD que Callón recomenda vivamente nesta súa vídeo-columna das segundas feiras.