Luís Iglesia e Xabier Deive comezan a despedir “Sede de mal” en Pontevedra e Vigo

Luis iglesia e Xabier Deive

O 10 de abril en Vigo e o 11 en Pontevedra, os actores Xabier Deive e Luís Iglesia comezan a despedida do espectáculo Sede de mal despois de máis dun ano de representacións. Preparan Filosofando, que dirixirá Avelino González. 

 

Seránd as últimas actuacións dunha obra coa que levan de xira máis de un ano. Os actores Xabier Deive e Luís Iglesias comezan a poñer fin ás representacións de Sede de mal en Vigo e Pontevedra os vindeiros 10 e 11 de abril e anuncian que están a preparar unha nova obra, Filosofando, que dirixirá o tamén actor Avelino González. 

O grande éxito da obra conxunta é o que leva aos dous actores a recuncar nunha nova obra conxunta  que contan estrear en setembro e na que, segundo desvelan, traballarán “sobre a parte menos sensata da vida”. 

Sede de Mal conta cun guión elaborado polos propios actores máis o dramaturgo Carlos Santiago e está producida por Boneca Lareta e distribuída por Culturactiva SCG. A obra poderase ver no Teatro Afundación de Vigo a sexta feira 10 de abril ás 21 horas e o sábado 11 no Auditorio da Sede de Afundación ás 20.30 horas. As entradas están xa a venda a través de ataquilla.com.