Cultura
Lúa Vermella terá a súa estrea galega no Curtocircuíto
24 de agosto de 2020 (18:57 h.)
A longametraxe proxéctase mañá no festival de Málaga.
Despois da premiere internacional no Forum da Berlinale, Lúa Vermella, de Lois Patiño, terá a súa estrea na Galiza dentro do programa do Curtocircuíto (de 3 a 11 de outubro), nun acto presencial no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
A longametraxe proxéctase mañá por primeira vez no Estado no Festival de Málaga, incluída na sección Zonazine. O 30 de outubro chegará aos cinemas.