Aniversario 23 e 24 de agosto
Liceo Mutante: oito anos de músicas á marxe en Pontevedra
21 de agosto de 2019 (14:38 h.)
As paredes dun vello edificio que foi mesmo igrexa no barrio pontevedrés de Mollavao abeiran, desde hai oito anos, unha das programacións musicais máis avanzadas, orixinais e plurais da Galiza. É o Liceo Mutante, local autoxestionado, que esta fin de semana -23 e 24 de agosto- celebra o seu aniversario.
O sábado 24 de agosto, día grande, haberá catro bandas. Todas chegadas de fóra e todas viradas á diferentes variacións punk: Las Morsas, Rata Negra, Sudor e KLS. As entradas para o evento, en forma de donativo á asociación que rexe o Liceo de maneira desinteresada, custan oito euros por xornada ou 15 para as dúas.