A pianista galega Isabel Dobarro, gañadora do Latin Grammy ao Mellor Álbum de Música Clásica

Isabel Dobarro dirante a recepción das persoas candidatas aos Latin Grammy 2025. (Foto: Isabel Dobarro)
Recolleu o galardón nunha gala que decorreu de madrugada en las Vegas (Nevada), nos Estados Unidos.

A pianista compostelá Isabel Dobarro recolleu esta madrugada no MGM Grand Garden Area de Las Vegas o Latin Grammy na categoría de Mellor Álbum de Música Clásica co seu traballo Kaleidoscope (Naxos-Grand Piano).A tamén docente, divulgaora e abogada agradeceu o galardón moi emocionada. "Moitas grazas á Academia por este inmenso honor e grazas tamén a todas as compositoras marabillosas que forman parte deste disco", dixo, antes de nomear de forma explícita a Gabriela Ortiz, compositora mexicana presente na gala de entrega dos premios, e Claudia Montero, compositora arxentina, gañadora de catro Latin Grammy e falecida en 2021, "sempre na nosa memoria".

A compostelá agradeceu o acompañmento profesional do produtor do disco, Javier Monteverde e de Naxos, entre outras persoas que fixeron parte dun disco chamado a reivindicar o talento feminino. Ademias, Dobarro tivo palabras de cariño e agradecemento para a súa familia, a quen recoñeceu como referentes.

Nove compostoras

En Kaleidoscope, a pianista interpreta a obra de compositoras de todo o mundo. O seu traballo é unha viaxe sonora que percorre distintas xeografías e linguaxes, desde Karen Tanaka a Zulema de la Cruz, pasando por Ann SouthamConsuelo Díez ou a galega Carme Rodríguez, coa súa obra "Alalá dás paisaxes verticais". 

O próximo 26 de novembro ofrecerá un recital no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Na súa cidade natal a pianista presentará as músicas premiadas "obras que converten o piano nun instrumento líquido e cambiante, capaz de reflectir o fluxo da auga como metáfora da transformación e da liberdade creadora".

O concerto destaca tamén pola súa dimensión simbólica, sempre ligada á creación feminina. A súa escolla reúne nove compositoras e nove maneiras de entender o diálogo entre natureza, emoción e son.