Homenaxe a Fidel Felpeto na Eira da Xoana

Imaxe de arquivo

Este sábado a partir das 13:00 horas

“Sindicalista, nacionalista, amou o mundo rural e defendeuno sempre”. Así describe a Eira da Xoana a Fidel Felpeto, o activista que homenaxea este sábado, día 28.

O acto será a partir das 13:00 horas e lembrará este socio de Adega nun acto sinxelo e emotivo, aberto a todas as persoas quer queiran participar.