Historia e ficción sobre o Reino de Galiza
A semana pasada remataba a primeira e única temporada de O final do Camiño, a maior produción audiovisual sobre a historia de Galiza. Chegou até dous millóns de espectadores en España e máis de 150.000 en Galiza, que viron na súa escena final [atención, spoiler] como Xelmírez coroaba un rei galego na catedral. Deixamos un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 237.
Vinte e cinco anos de autonomía despois, estreábase o pasado xaneiro o primeiro produto de ficción baseado na historia de Galiza. E facíase cunha produción de Voz Audiovisual, dirixido tamén ao público español, dado que os oito capítulos se emitiron de forma case simultánea en TVE e na TVG.
Porén, o reino de Galiza e a construción da catedral si que interesou no mercado interior: empezou cun 34,4% de share (sumando os dados de TVE e TVG) e rematou nun 26,9%. Iso si, con mellores dados para TVE, cunha media de 14,59%, que para a TVG, onde acadou case o 10%. E dúas posíbeis razóns a favor da primeira: a versión orixinal en español e o HD.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 237, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]