Henrique Dacosta, premio Manuel Lueiro Rey pola novela 'Illas a Sotavento'

Henrique Dacosta

O certame Lueiro Rey, convocado polo Concello do Grove, premia unha novela curta en lingua galega. Está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra na editorial Xerais. A extensión das obras non pode superar as 100 páxinas. Nesta edición, a número 25, distinguiu Illas a Sotavento, de Henrique Dacosta López.

O xurado compuxérono Ánxela Gracián, Manuel Bragado, Armando Requeixo, Mario Regueira e mais o gañador do ano pasado, Diego Alfonsín -con Non o saben as estrelas. Illas a Sotavento foi o título da obra gañadora, de Henrique Dacosta López (Ferrol, 1964).

 

Dacosta foi gañador do premio Carvalho Calero até en tres ocasións. É profesor de Lingua Galega e desempregou o cargo de Técnico Especialista en Lingua Galega no Concello de Fene. Colabora habitualmente no suplemento cultural Nordesía do Diario de Ferrol. Entre os seus libros atópanse Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias (Laiovento, 1995) ou Entrada ao xardín do saber (Rdelibros, 2014).