A quinta, día 21
O Galo conmemora o Día da Poesía con Ricardo Seixo
20 de marzo de 2019 (10:53 h.)
Esta quinta feira, 21 de marzo, a A.C. O Galo celebra o Día da Poesía e faino da man de Ricardo Seixo, cun recital de “Versos Noctámbulos” que decorrerá a partir das 20.15 horas en Vide Vide.
Seixo dará conta do proceso creativo de “Versos noctámbulos” e participará no recitado de poemas. A música tamén terá cabida no acto, da man do grupo Maraxe, que interpretará cinco temas tradicionais. Ao remate da actividade, de carácter público, servirase viño galego.