Que facer?

Unha fin de semana con propostas para todos os gostos

María Reimóndez, na foto nun fragmento do seu vlogue, recolle este sábado o I premio Agustín Fernández Paz

Vén esta fin de semana especialmente carregada de eventos. Hai ben onde elixir.

Nacidas Libres

Ames

Casa da Cultura de Bertamiráns

Sexta feira

21.00h

Espectáculo teatral a cargo de Contraproducións, baixo dirección de Cristina Domínguez, con catro actrices que interpretan unha ducia de personaxes.

 

Proxección do documentario “Artistiña”

San Sadurniño

Casa da Cultura

Sexta feira

21.30h

“Artistiña” é un proxecto documentario que mostra o panorama artístico e cultural nun contexto de crise que tamén afecta as disciplinas creativas.

 

Acto de entrega do I premio Agustín Fernández Paz

Vilalba

Auditorio Municipal

Sábado

20.30h

Xornada de música, literatura e plástica, na que María Reimóndez, gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, recollerá o seu premio. O acto será presentado por Carme Hermida, e contará con Xabier P. Docampo e Marica Campo, entre outras. Organiza o Instituto de Estudios Chairegos, Concello de Vilalba e Edicións Xerais.

 

Vermú entre libros

Pontevedra

Libraría Paz

Sábado

12.30h

Acóllese a visita da poeta Tamara Andrés que conversará sobre o seu último libro, ‘Corpo de Antiochia’, co escritor e xornalista Marcus-Daniel Cabada.

 

Concerto Expansivo por un Monte Vivo

Carral

Local A.C. Xente Nova de Tabeaio

Sábado

22.30h

Un evento simultáneo que continúa expandíndose para amosar solidariedade e indignación ante a vaga de lumes do pasado outubro e ante o problema dos incendios.

 

Prólogo”, de Samarúas

Camariñas

Cabo Vilán

Domingo

Samarúas presenta “Prólogo”, o seu primeiro traballo de estudio, un proxecto que nace de sons novos, do folk, da poesía e da exploración do ser.

 

Universo

Pontevedra

Teatro Principal

Domingo

12.00h

Marcel Gross achéganos a un espectáculo de clown no que xoga con letras e obxectos, recomendado para crianzas a partir de 3 anos.

 

Pequefilmes 2018

Santiago de Compostela

Museo Centro Gaiás

Sábado e domingo

Unha fin de semana de proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros con máis de cen curtas para crianzas de diferentes idades.

 

A olería de Niñodaguia

Ribadavia

Museo Etnolóxico

Até 30 de xaneiro

“A cerámica en Galiza: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico” é unha mostra itinerante da colección de Agustín Vázquez Ferreiro na que se expoñen trinta e dúas pezas do centro oleiro de Niñodaguia. A través desta exposición as persoas poderanse achegar ás formas tradicionais galegas deste centro cerámico, así como reivindicar a importancia do oficio.