Faleceu Méndez Doménech, creador da revista Vagalume
Aos 76 anos de idade falecía esta semana Xosé María Méndez Doménech (Santiago, 1944). creador da primeira publicación periódica en galego, a revista quincenal infantil e xuvenil 'Vagalume'. Un pasamento do que informaba Cultura Galega.
"Méndez Domenech partía dun activismo político antifranquista polo que no ano 68 formaba parte da Alianza Democrática de Estudiantes, o que o levou a ser metido en cadea e expulsado do recinto académico pola Universidade de Santiago. A súa militancia galeguista expresouse despois a través da creación e dirección da revista 'Vagalume', na que se publicaron entre 1975 e 1978 algúns dos primeiros materiais didácticos para o ensino en galego e mesmo banda deseñada".
Ademais diso, Xosé María Méndez Doménech tamén foi actor de dobraxe e formou parte da directiva do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) onde levou a cabo unha constante labor de investigación.