Que facer nesta fin de semana?
O Son do Pazo´19
Mos 13-14.9.2019 Pazo de Mos
Feira, exposicións e música ao vivo con Airiños do Castelo, Böj e Algarabía na sexta feira e, o sábado, Atlántida de Matamá Grupo de Gaitas, Arume, Pepe Vaamonde Grupo e Airiños da Febra.
Concerto Ensemble Hotteterre
Lugo 13.9.2019 Igrexa de Santa María 20.30h
Concerto de Ensemble Hotteterre, grupo que traballa para recuperar o uso da gaita de fol na música de cámara a partir das composicións e traballos de J.M. Hotteterre, promovido pola Fundación Vicente Risco.
Cantos na Maré
Pontevedra 13-15.2019 Diversos espazos
O festival da lusofonía, Cantos na Maré, completa a súa XV edición cunha programación que xunta máis de vinte concertos distribuídos por toda Pontevedra entre os días 13, 14 e 15 de setembro. Mayra Andrade e Enredadas, Clara Peya e Maria João, Bia Ferreira, Vivi Pozzebón, Brasil Dub, Napalma, Assa Matusse, Laura Lamontagne, DJ Mil e Mohammed Yahya, o Coro da Marinha, As Cantigas de Elena e Zeltia Irevire son algunhas das artistas que actuarán.
As Cores de Outono
A Pobra do Brollón 14.9.2019 Diversos espazos 19.30h
Bota a andar ás 19.30h cun espectáculo familiar, ‘Concerto singular’, de Píscore, e a partir das 21.00h comezarán as actuacións de Milladoiro, Bouba Pandeireteiras e Magín Blanco.
Festival Rock in Rian
Rianxo 14.9.2019 Parque Galiza
Coas actuacións dos grupos Reincidentes, Ebri Knight, Dios Ke Te Crew, Festicultores, Mekanika Rolling Band e La Duendeneta.
Somos iguais
A Coruña 14.9.2019 Biblioteca Miguel González Garcés 12.00h
Somos iguais, contacontos por Raquel Queizás, narra as aventuras e historias para desmontar estereotipos e fomentar a empatía ao tempo que se goza da escoita.
Obradoiro de Pegadas de Fauna
Carballo 14-15.9.2019 Espazo de natureza de Oza
Un obradoiro de achegamento ás pegadas, indicios e rastros dos animais máis comúns da nosa contorna, bosques, zonas húmidas... a través de moldes de pegadas, identificación de indicios etc. Dirixido a persoas de todas as idades, o obradoiro desenvolverase desde o sábado 14 até o domingo 15 de setembro, de 10.30h a 13.30h, no Espazo de natureza de Oza. Para máis información: 611 037 617, 611 037 614 e asociacion@sendanova.org.
Miúdo Fest
Mos 14-15.9.2019 Sala Rebullón
Este festival para crianzas contará coas propostas de A Gramola Gominola, a Banda dos Insectos, Elephants Yard, Antón Ké, Mago Marco e Cé Orquesta Pantasma.
Os monicreques de Kukas
O Barco de Valdeorras 15.9.2019 Na rúa 12.00h
“Xan Perillán compra queixo compra pan” é unha obra de teatro infantil, realizada por Os monicreques de Kukas, que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques.
María Miramontes: muller galeguista, modista moderna, exiliada e esquecida
Compostela 18.9.2019 Biblioteca Pública Ánxel Casal 19.30-21.00h
Charla da historiadora e escritora Encarna Otero Cepeda, co gallo do 80 aniversario do exilio republicano, sobre a activista e intelectual galega María Miramontes e a súa época.