Da fin de semana aprovéitase todo
Enreguéifate
Compostela
Teatro Principal
11.10.2019
20.00h
A gala, conducida por Séchu Sende, Olalla Liñares, Manolo Maseda e Lupe Blanco, entregará premios as mellores regueifas e contará cun concerto do rapeiro García MC.
Curva España
Compostela
Auditorio de Galiza
11-12.10.2019
20.30h
O novo traballo de Chévere, Curva España, recentemente premiado como mellor espectáculo, mestura cine a teatro en directo para ironizar sobre o xénero documental.
Outono poético
Allariz
Diversos espazos
11-13.10.2019
Presentacións literarias, roteiros poéticos, mesas redondas, recitais e música enchen as rúas e tabernas da localidade na sexta edición do Poemagosto, Festival Internacional de Poesía.
Cadaval conta...
Cee
Auditorio da Casa da Cultura
12.10.2019
20.30h
Producións Teatrais Excéntricas presenta a súa nova peza “Cadaval conta... Vacas, guerras, porcos e cregos”, unha historia de historias de antepasados.
XI Festival de Cinema Fantástico
A Coruña
Diversos espazos
12-20.10.2019
Proxeccións de filmes, conferencias, obradoiros, certames de curtas e longas, exposicións e a marcha zombi configuran a programación deste ano dedicada as Utopías e distopías.
VII Mercado de Produto Local e Artesanía
Vilar de Santos
Diversos espazos
13.10.2019
12-19.00h
Postos de produto local e artesanía, foliada, música e concertos da Comuna del Barruzo, Pedro Pastor y los Locos Descalzos.
Danza 3 no Teatro
Teatro Afundación
Vigo
13.10.2019
19.00h
No espectáculo amosaranse bailes, músicas, cantos e traxes do folclore por A. C. Xacarandaina de A Coruña, ACF O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.
Mulheragem a Begoña Caamaño
Compostela
Centro Cívico do Romaño (Travesa de Vista Alegre, 46):
13.10.2019
12.00h
O domingo 13 de outubro festéxase a memoria e traxectoria dunha figura imprescindíbel do feminismo galego, Begoña Caamaño, cun encontro poético-artístico, xantar popular e obradoiros. Nesta “mulheragem” participarán as poetas Ana Romaní, Marga do Val, Susana Arins ou Xiana Arias; as artistas Axoúxers e Chisqueiros, Cata Ukelele ou Eva Agra; e a música de Su Garrido.
Galaicos. Un pobo entre dous mundos
Pontevedra
Museo de Pontevedra
Até 2.2.2020
A exposición "Galaicos. Un pobo entre dous mundos", impulsada pola Deputación de Pontevedra a través de Turismo Rías Baixas, pecha o ciclo no Museo de Pontevedra e conmemora así o 125.º aniversario da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Composta por máis de 65 pezas, a mostra aproxímanos a esta terra durante un período de máis de mil anos, entre a Idade de Bronce (1500-800 a. n. e.) e o século VI.