Convocado o premio Viadutos de Novela
23 de xaneiro de 2020 (19:33 h.)
O prazo de recepción de orixinais remata o 31 de marzo de 2020.
A obra gañadora recibirá un premio en metálico de 3.000 euros, ademais de ser editada e comercializada pola Editorial Galaxia na súa colección Literaria. As dúas edicións anteriores galardoaron A casa xunto ao volcán, de Xosé Ricardo Losada, e Os bicos feridos, de Anna R. Figueiredo.