Concurso para quen aspira a ser como Xurxo Lobato

obxectivo
Dirixido ao alumnado de educación secundaria, ven de ser convocada novena edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato. Un encontro para a mocidade que ten vontade de seguir os pasos de quenleva o nome do galardón.

Convocado pola Asociación de Antigos Alumnos do Instituto Monelos (A Coruña), por novena edición consecutiva ven de convocarse o Concurso de Fotografía Xurxo Lobato ao que poderá concorrer o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional da Galiza.

Antes do 1 de abril terán que remitir por correo electrónico as fotografías en formato dixital, ben a cor ou ben en branco e negro e cun máximo de tres por participantes que deben remitir as imaxes cos seus títulos ao enderezo electrónico fotomonelos@gmail.com cos datos persoais, nome e apelido, DI, idade, teléfono, endereo, curso e centro de estudo.

Concederanse tres premios de 250, 150 e 100 € ademais de diploma e a organiación poderá difundir en exposicións ou edicións as fotografías seleccionadas e premiadas.