Compostela acollerá os I Premios da Industria Musical da Galiza: olla as candidaturas finalistas
Os Premios da Industria Musical da Galiza, impulsados pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), anunciaron esta terza feira as iniciativas e persoas nomeadas na súa primeira edición. Un xurado profesional integrado por Ánxela Baltar, música, produtora e comunicadora; Cecilia Carballido, produtora cultural; María Baqueiro, consultora de sustentabilidade; Noel Miguélez, divulgador musical; os xornalistas musicais Tito Lesende e Javier Becerra, e mais a Fundación Paideia seleccionou un total de 42 proxectos finalistas, tres por cada unha das 14 categorías xerais dos premios.
Deste modo, a Asociación Galega de Empresas Musicais organiza a primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galiza, que buscan pór en valor aquelas traxectorias, proxectos e iniciativas que destacan polo seu compromiso coa creatividade, a innovación, o respecto e a sostibilidade no sector musical galego.
A noite da quinta feira 27 de novembro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela, celebrarase un encontro sectorial no que se darán a coñecer os gañadores e as gañadoras se entregarán os galardóns desta primeira edición do Premios da Industria Musical de Galiza, nun formato próximo, pensado para favorecer a cooperación e a convivencia entre os diferentes axentes da industria musical galega.
Entre os proxectos finalistas atópanse o Festival Agrocuir na Ulloa, como proxecto sostíbel; o Surfing de Lerez, como mellor evento cultural; o videoclip 'Ontes fun moi malo' de Grande Amore e realizado por Xaime Miranda, ou o Equipo de Normalización Lingüística do IES Rafael Alberti da Coruña polo proxecto 'Aquí tamén se fala'.
Estas son todas as candidaturas
Mellor deseño de iluminación:
o Laura Iturralde e José Faro “Coti”, de Nononon.lab, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.
o Teresa Tresandí, por DILUVIO, de Tanxugueiras.
o José Faro e As Dúas e Punto, de Nononon.lab, por A RONDA, de Mondra.
Mellor implementación de son:
o Iago Blanco, por La máquina del buen rollo, de The Rapants.
o Rubén Montes, por La boca del lobo, de Carlos Ares.
o Sara Martínez, por Uxía Lambona e a Banda Molona.
Mellor empresa provedora de servizos:
o Escena Sonora.
o Luxevan.
o Vacaline.
Mellor profesional de produción:
o Paco Iglesias.
o Victoria Blanco.
o Xabi Carnota.
Mellor manager:
o Aitana Cuétara.
o Kin Martínez.
o Manuel Tarrío.
Mellor produción discográfica:
o Iago Picó, por Pouland Studios.
o Juan de Dios, por Feira, de De Ninghures.
o Hevi, no Laboratorio Soyuz, por DE RONDA, de Mondra.
Mellor posta en escena:
o Mondra e Daniel Rodríguez, por A RONDA.
o Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.
o Tanxugueiras, por DILUVIO.
Mellor promotor/a-programador/a:
o David Pedrouzo, de Todo Medre.
o Iván Arias, de WORK ON SUNDAY.
o Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio.
Mellor proxecto de comunicación:
o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Alberti da Coruña, por Aquí tamén se fala.
o The Office Comunicación, polo Atlantic Pride.
o Bring the Noise, polo Resurrection Fest Estrella Galicia.
Mellor identidade visual:
o Zeltia Iglesias, Sofía Taboada, Daniel Rodríguez, Adriana Lado e María Ferradas por DE RONDA, de Mondra.
o Adrián Canoura, Carlota Pereiro e Alejandro Guillán por Barullo, de Baiuca.
o Lara Caeiro, Sandra Montero, Noemí Solla, Kika V Ramil, Arantxa Brandón e Fillas de Cassandra por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
Mellor videoclip:
o Lorenzo Negueruela, Melania Freire e Lara Caeiro, por En fin, que máis dá, de De Ninghures.
o Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.
o Xaime Miranda, por Ontes fun moi malo, de Grande Amore.
Mellor evento cultural / musical:
o Noites do Porto.
o Surfing the Lérez.
o WOS Festival x SON Estrella Galicia.
Mellor espazo musical:
o Sala Capitol.
o Náutico de San Vicente.
o Café Torgal.
Mellor proxecto de sustentabilidade:
o Festival Agrocuir da Ulloa.
o Festival de la Luz.
o Sinsal SON Estrella Galicia.