Compostela acolle Orgullo 18 e Pontevedra, a Festa dos Libros
E aínda hai máis cousas que facer. Eis un feixe delas.
XIV Venrespirar
Ourense
Miradoiro de San Francisco
Sexta feira
20.00
Esta Festa Tradicional Itinerante comezará con Venrespirinho a cargo de Lucía Cedrón e Cristina Pereira, concertos de Ergutío e Tres por Catro, e foliada.
Gala “Ao ritmo da alma”
Pontevedra
Teatro Principal
Sexta feira
20.30
Gala e presentación do videoclip “Ao ritmo da alma”, nacido da musicoterapia, organizada polas Asociacións sociais pontevedresas Amencer-Aspace, Assei, Adahpo e a Asociación Española Contra o Cancro.
Presentación de 'Os Eidos'
Compostela
Museo do Pobo Galego
Sexta feira
20.00-21.00
Organizada pola Biblioteca de Mesopotamia e Fundación Uxío Novoneyra, a última edición de 'Os Eidos' trasládase ao MPG, onde contarán coa presenza do editor, Antón Lopo.
Festa dos libros 2018
Pontevedra
Praza da Ferraría
Sexta feira, sábado e domingo
A Festa dos Libros é unha iniciativa do Concello de Pontevedra, unha feira literaria que se desenvolverá na praza da Ferraría e que contará coa participación de quince librarías da cidade mais unha libraría convidada de Portugal. Entre a programación poderemos atopar presentacións e firma de libros, contacontos, recitais, concertos e obradoiros para todos os públicos. Toda unha celebración arredor do libro e a lectura.
Orgullo 2018. Compostela diversa
Compostela
Praza 8 de Marzo
Sexta feira e sábado
Con actividades de carácter festivo e reivindicativo para celebrar o Orgullo, performance, mesas redondas, espectáculo teatral no Matadoiro e contacontos para as crianzas.
Cantos contos contas
Burela
Casa da Cultura
Sábado
18.00
Espectáculo de teatro infantil da compañía Titereficciós a través dunha realidade que se enguedella coa fantasía nunha misión única para os viaxeiros: recoller historias.
Saaabor!
Silleda
Siador
Sábado
19.30
Un espectáculo cómico que mestura música e maxia co mundo da gastronomía e para toda a familia, a cargo de Culturactiva con Félix Rodríguez e a Fran Rei.
Exposición Arte é Feminino
Carballo
Pazo da Cultura Cultura
Até o 15 de xullo
20.30
Arte é Feminino é unha mostra colectiva de persoas creadoras vinculadas a Carballo que recolle as súas últimas obras creadas, con pezas de diferentes temáticas, técnicas e estilos asinadas por Alejandra Martínez, Ana García, Antón Díaz, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Dami Varela, Esther Chamoso, Eva Facal, Jacobo Veiga, Javier Rodríguez, Lola Oviedo, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O`Mighelo, Oti Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl Herrera, Santi Picos e Teresa Candal.