Chantada acolle esta sexta feira e sábado a XV edición do Castañazo Rock
Chantada. CASTAÑAZO ROCK. Mercado gandeiro. Sexta feira e sábado.
Na sexta feira contarán coas actuacións de Los Gatillazo, Green Valley, El Ultimo Ke Zierre, Sons of Aguirre, Chotokoeu e The Skarnivals; e o sábado con ZOO, Riot Propaganda, Terbutalina, Mafalda Grupo, Arrhythmia e Rastreros. E ademais, haberá outras actividades como Castañazo Infantil, Cantos de Taberna, Xogos Bravús e Magosto.
Ribadavia. MIRADAS ETNOGRÁFICAS 5. Museu Etnolóxico de Ribadavia. Sexta feira. 20 h
O ciclo de cinema de outono pousa así o seu ollar nas migracións, a través da proxección de filmes e documentarios de material etnográfico.
Pontevedra. CONTOS NA LAREIRA. Teatro Principal. Sexta feira. 21 horas.
Noitada con Cándido Pazó e Celso Fernández Sanmartín nun espectáculo cheo de historias, lendas, humor e tenrura.
Vigo. O PERGAMIÑO VINDEL E A MÚSICA NA ÉPOCA DE MARTÍN CÓDAX. Museo do Mar. Sábado 11, sábado 18 e sábado 25.
Comezaron os obradoiros arredor da música no tempo do Vindel, que organiza a Consellaría de Cultura en colaboración co grupo Pres de Cambrai. Serán catro citas en catro espazos diferentes (Vigo, Illa de San Simón, Baiona e Cangas) para achegarse ao pergamiño Vindel, á música de Martín Códax e aos instrumentos medievais.
Ferrol. FESTEA. Teatro Jofre. Sábado. 18 h
O II Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques trae a compañía portuguesa Partículas Elementares, co espectáculo Vizinhos, a historia dunha amizade que muda unha vida.
A Coruña. CONTOS DE PERRAULT. Sala Gurugú. Sábado. 18.30 h
Contacontos infantil a cargo de Trinketrinke Teatro, e títulos da Literatura Infantil: Carapuchiña vermella, Polgariño ou O gato con botas.
A Coruña. XXII CICLO COROS GALEGOS. Teatro Rosalía. Sábado. 12 h
Contarán coas actuacións do Cadro de Teatro de Cántigas da Terra, Orfeón Mariñeiro do Berbés e o coro galego Cántigas da Terra.
Cedeira. PELEGRINAXES. Auditorio Municipal. Sábado. 18 h
Filme de Simone Saibene inspirado no libro Pelegrinaxes I, onde Otero Pedrayo narra o camiño a pé que fixo canda Vicente Risco e Ben-Cho-Shey até Santo André de Teixido no 1927.