Bueu convértese en capital do cinema co FIC
06 de setembro de 2023 (08:08 h.)
Despois de 15 edicións, o Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBueu) é unha referencia no panorama artístico e cultural a nivel galego e internacional. A cita naceu en 2008 co obxectivo de pór en valor a produción de filmes independentes e incentivar a creación de obras cinematográficas entre a mocidade. Desde este sábado e até o 23 de setembro organizaranse todo tipo de actividades relacionadas coa sétima arte e haberá múltiples estreas, entre elas a da curtametraxe producida pola área social FICBueu, unha liña de traballo dirixida a colectivos vulnerábeis.
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.