O autor de novelas longas que escribe postais pequenas
“Ingravidez”, é o título da “micropostal” número 47 que o escritor Antón Riveiro Coello publica a través da rede social facebook. O escritor conta ter nas librarías de cara a fin de ano unha nova novela que terá por volta das 500 páxinas, na antítese destes textos de pequena dimensión que escribe sobre imaxes.
Autor de obras tan celebradas como As rulas Bakunin, Laura no deserto ou Acordes náufragos, o escritor bota man destes textos de pequena dimensión publicados sobre unha imaxe á maneira de postal como “contrapeso” do intenso exercicio de elaboración dunha novela, en boa parte dos casos de amplas dimensións.
Agarda chegar en non moito tempo ás cento cincuenta e, para daquela, valora a posibilidade d
“Axudan a calibrar se estás atinado. Ao meu ver, acontece como coa poesía, teñen que ter o toque de iluminación, de chispa. Son un formato de relato breve que xa traballaron con bos resultados autores como Castelao e Dieste”, afirma Riveiro Coello, na antítese da novela que vén de rematar, un novo libro que sairá posibelmente de cara a fin de ano e ao que lle calcula por volta das 500 páxinas.