A Asociación Galega de Tradutores convoca o 2º premio Xela Arias
Trátase da segunda edición dun galardón que, na primeira, celebrou o traballo da tradutora María Alonso Seisdedos, e serve ademais ao gremio para conmemorar o 30 de setembro, Dia Internacional da Tradución. Calquera persoa, informa a AGPTI, “pode propor unha empresa entidade ou persoa candidata” vía correo electrónico.
O xurado formarao a xunta directiva da asociación, a sinalada o pasado ano -María Alonso Seisdedos- e algunha persoa convidada. O premio ten carácter simbólico.
A AGPTI fundouse en 2001 “co obxectivo de crear unha plataforma de comunicación entre os profesionais para a defensa do colectivo de traballadores e traballadoras da tradución e da intepretación, ademais da difusión da lingua galega como lingua de traballo neste sector”.