A AS-PG estrea a curtametraxe “I ante aquel silencio mudo” co que continúa desvelando Rosalía

.

O documentario preséntase esta cuarta feira (20 h) en Ferrol nun acto organizado pola agrupación cultural Medulio. 

 

Ás 20 horas desta cuarta feira na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, nun acto promovido pola Agrupación Cultural Medulio coa intervención do presidente da AS-PG, Xoán Costa, presentarase a curtametraxe I ante aquel silencio mudo, unha iniciativa que se encadra dentro do proxecto da asociación de difundir a imaxe da Rosala “rebelde, rompedora, conscientemente galega”, como define o seu presidente. 

“A Rosalía de sempre nunha interpretación actual”, é a lenda da promoción dunha curtametraxe que conta con guión de Millán Castro e Marina Chiavegatto e a participación de dous grandes especialistas na obra e na figura da escritora, Francisco Rodríguez e Pilar García Negro. A música corresponde ao grupo Tempo Catro. Convócanse así tamén os protagonistas e autores doutras dúas iniciativa da AS-PG co fin de afondar e difundir na obra da escritora fundadora da nosa literatura. De Tempo Catro produciron o CD “Os ollos que falan” no que o grupo musica once poemas de Cantares Gallegos nunha visita a unha Rosalía a

ctual e viva, con enerxía e forza diante de temas emocionais e sociais. Ritmos de valse ou fado, salsa, xota, mazurca ou pasodobre para cantar poemas que se achegan á conciencia sobre Galiza ou ao amor e o desamor entre outros temas.

Pola súa parte, o gran investigador na obra e na biografía de Rosalía de Castro Francisco Rodríguez participa tamén neste novo proxecto despois de publicar coa AS-PG o volume Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, un percorrido arredor da persoa e a obra da poeta tamén “de onte a hoxe”. 

A curtamentraxe I ante aquel silencio mudo pode adquirirse dirixíndose ao correo informacion@as-pg.com ou no telefone: 981 27 82 59.