Anxos Fazáns presenta en Compostela 'As liñas descontinuas'

Anxos Fazáns. (Foto: Sabela Eiriz)

A nova obra da cineasta é candidata a 11 premios Mestre Mateo, estrearase nas salas o vindeiro 20 de febreiro.

Anxos Fazáns realizou esta cuarta feira, en Compostela, o primeiro pase na Galiza da súa segunda longametraxe, As liñas descontinuas, despois do seu paso polo festival Novos Cinemas de Pontevedra. O filme, protagonizado por Mara Sánchez e Adam Prieto, foi descrito pola propia directora como unha historia "de personaxes". 

O punto de partida, revelou Fazáns, xurdiu dunha noticia sobre un ladrón que quedou durmido nunha casa na que entrou. Un comezo "violento" que permitiu que "os personaxes tivesen a oportunidade de coñecerse". 

Bea (Mara Sánchez) é unha axente musical de 50 anos que, mentres lidia coas consecuencias do seu divorcio, sofre un roubo na súa casa. Denis (Adam Prieto), un dos ladróns, é un mozo trans que tamén se atopa nun punto de inflexión na súa vida cando adormece na cama de Bea durante o roubo.

O punto de partida, como revelou a directora, provén dunha noticia que leu hai tempo sobre un ladrón que adormeceu nunha casa na que entrou. Un comezo "violento", na súa opinión, que permitiu que "os personaxes tivesen a oportunidade de atoparse".

A película, que Fazáns admitiu facer simplemente para "gozar" do proceso, estrearase en salas de cinema de todo o país o vindeiro 20 de febreiro.

Esta mesma terza feira deuse a coñecer que As liñas descontinuas aspiraba a once galardóns nos Premios Mestre Mateo. A noticia, que "nos lembra a importancia do equipo", en palabras da súa directora, provocou "un momento de celebración".

Fazáns expresou a súa "gran felicidade" polo recoñecemento da película, rodada integramente en galego, e admitiu estar "moi desexosa" de que todo o mundo teña acceso á longametraxe despois das súas proxeccións en festivais como os de Xixón e Tarragona.