Anxo Mena, premio Pérez Pallaré de poesía

Anxo Mena (Imaxe: Nós Diario)

A XXXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Pallaré recaeu esta sexta feira en Anxo Mena, nado en Carral en 1982.

Anxo Mena, nado en Carral en 1982 obtivo hoxe a XXXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, que convoca o Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene, co apoio do Concello de Fene.

Alimentar canarios con ovos da casa valeulle a Anxo Mena, o XXXIV Premio Pérez Pallaré, convocado polo Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene, co apoio do Concello.

O xurado elixiu a de Mena entre 57 obras presentadas

O xurado elixiu a obra de Anxo Mena de entre as 57 presentadas a un concurso que foi creado para homenaxear o poeta fenés Xosemaría Pérez Parallé, coñecido como O Segrel do Penedo. Poeta popular, activista literario, promotor da celebración do Día das Letras Galegas na Galiza, fora instituído en Montevideo pola comunidade galega no exilio.

O autor galardoado é doutor en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo, especializado en Paleoceanografía e Sedimentoloxía, temas nos que segue a investigar.

Actualmente reside en Cangas e traballa no Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), en Vigo.

Obtivo o Premio de Poesía Anduriña Voandeira (2011), o Premio de Poesía Díaz Jácome de Mondoñedo (2012) e o Premio de Poesía da Universidade de Vigo (2015).

O xurado deste ano compuxérono Inma Otero, Ramiro Torres e Regina Touceda.