Galaxia edita unha fotobiografía do autor de ‘Nos eidos da bremanza’

A alma “luminosa” de Vergara Vilariño

Fiz Vergara Vilariño, no centro da imaxe, con Claudio Rodríguez Fer, Manuel María, Saleta Goy e Paco Martín. (Foto: Galaxia)
Houbo unha vez no “fondo de Galicia, bretemoso e labrusco” -en palabras de Cabanillas- un rapaz “encrequenado de corpo, pero de alma luminosa, fermosa e libre, que foi grandísimo poeta cantándolle ao seu can, a unha gran cova, a un muíño… cantando ao amor e á soidade; cantando á vida, doído, pero contento de vivir, aínda con tantas mágoas”. Así presenta Xulio Xiz o escritor Fiz Vergara Vilariño na fotobiografía sobre el que vén de editar Galaxia, asinada por Yago Rodríguez Yáñez. 
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.