"Afinidades selectivas", diálogos na arte contemporánea en Vigo
Sexta edición de “Afinidades selectivas” e catro propostas de diálogo na arte contemporánea nesta iniciativa que se consolida no panorama expositivo de Vigo. Docentes e alumnado de Belas Artes atópanse fóra das aulas, en parellas que establecen comunicación coas súas propostas artísticas.
Ata o 14 de xullo a Casa Galega da Cultura ten as súas portas abertas abertas para acoller a sexta edición de “Afinidades selectivas”, un particular diálogo artístico que se establece entre docentes da Facultade de Belas Artes con artistas que pasaron polas súas aulas. Por parellas, confrontando obras, esta proposta consolídase no panorama artístico da cidade como unha iniciativa singular que fai partícipe á Universidade da actividade cultural de Vigo.
Desta volta, a artista Almudena Fernández é a comisaria dun novo encontro que xunta a Berta Cáccamo con Mar Vicente, Chelo Matesanz canda Natalia Umpierrez, X. M. Buxán da par de Alex Mene e Yolanda Herranz xunto a Basilia Fiestras, catro propostas nas que compre adiviñar ou achegarse as súas afinidades, por veces evidentes, por veces case intuídas.
Berta Cáccamo, Chelo Matesanz, X. M. Buxán e Yolanda Herranz son os docentes que a comisaria escolle que, a súa vez, actúan como co-comisarios ao seleccionar a persoa que pasou polas súas aulas a quen se sinte unida por vencellamentos ou proxim
Acumulación e collage que emparentan a obra de Chelo Matesanz e a súa exalumna Natalia Umpiérrez. Pintura contemporánea nas obras de Berta Cáccamo e a súa exalumna Mar Vicente. Conceptualidade a través de distintos materiais, ben palabras, ben gominolas, nas obras de Yolanda Herráz e Basilisa Fiestras. Finalmente, a proposta de maior “afinidade”, a que levou ao profesor X. M. Buxán e seu alumno Alex Mene a presentar unha obra conxunta, unha montaxe de composta por retratos fotográficos antigos e pratos de cerámica que foron atopando en rastros e tendas de caridade, evocando un espazo doméstico.