‘Adiante sempre’, ‘Pedra d´Ostral’ e ‘De remate’, finalistas do Premio Xerais
As obras gañadoras daranse a coñecer o sábado 6 de xuño. 'Europa', 'Leaena Hiems' e 'Violeta', en Literatura Xuvenil; 'Aleteo Brisalinda', 'Divina Sandamil', 'Megumi' e 'Onde só queda alguén para aguantar dos nomes', en categoría Infantil
O Premio Xerais de Novela xa ten finalistas en 2015. O xurado seleccionou este sábado as obras Adiante sempre, De remate e Pedra d´ Ostral, entre as 34 presentadas. A obra gañadora da 32º edición do galardón, dotado con 10.000 euros, anunciarase o sábado 6 de xuño.
Tamén se deron a coñecer as finalistas do Premio Jules Verne. Europa, Leaena Hiems e Violeta compiten polo galardón á mellor obra de Literatura Xuvenil.
No Premio Merlín de Literatura Infantil as obras seleccionadas foron Aleteo Brisalinda, Divina Sandamil, Megumi e Onde só queda alguén para aguantar dos nomes.
O ditame final dos xurados terá lugar na illa de San Simón, na ría de Vigo, co escritor Miguel Vázquez Freire como mantedor literario e a Cé osquestra pantasma como artista musical.