A Academia das Belas Artes publica un cartaz en homenaxe a Domingo de Andrade

Xosé Díaz Arias de Castro asina o cartel do Día das Artes Galegas 2020 (Foto: Nós Diario).

O arquitecto barroco é o protagonista do Día das Artes Galegas 2020.

 

A Real Academia das Belas Artes vén de facer público o cartaz do Días das Artes galegas 2020, dedicado ao arquitecto barroco Domingo de Andrade.

A obra está deseñada polo académico de número da Sección de Artes da Imaxe, don Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade que se atopa na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, que á súa vez está asinado polo pintor e académico Felipe Criado (1928-2013), quen fora membro numerario da Sección de Pintura e Gravado desta Institución.

A iniciativa celébrase cada 1 de abril en lembranza desa mesma data do ano 1188  -e da que se deixa constancia en epígrafe baixo os linteis do Pórtico da Gloria-, o día no que se colocaron;  mesmo tamén por canto significa o Pórtico da Gloria e o seu autor, o Mestre Mateo na arquitectura, na escultura, na pintura e mesmo na Música.

Domingo de Andrade é o quinto persoeiro homenaxeado desde o lanzamento deste proxecto, no ano 2015. O primeiro foi o Mestre Mateo, seguido de Castelao (2016), Maruja Mallo (2017), Alejandro de la Sota (2018) e Luís Seoane (2019).