No crisol de Francisco Carballo
O A Fondo desta semana -nos quiosques esta quinta feira- abonda nas moi diversas facetas que constituían a figura de Francisco Carballo: o teólogo, o nacionalista, o historiador e o político.
No A Fondo desta semana -na quinta feira nos quiosques do país, na cuarta feira xa na nosa loxa- adentrarémonos nese perfil poliédrico que encarnaba Francisco Carballo: teólogo, historiador, nacionalista, político, sindicalista, promotor cultural e dono de tantas outras facetas fundidas nun mesmo crisol, como a de ter sido durante anos o presidente do consello de administración de A Nosa Terra, ben como compoñente do grupo promotor de Sermos Galiza. O caderniño de Sermos convértese así en homenaxe á persoa, ao intelectual e ao activista, falecido en novembro do pasado ano.
O A Fondo reúne a colaboración de persoas próximas a Carballo nas súas diferentes vertentes. O investigador Santiago Prol, organ
Crente, nacionalista, activista
Rubén Aramburu, dende a revista Irimia, e Engracia Vidal, dende a publicación Encrucillada, fan unha achega a Carballo dende a súa implicación con ambos os dous proxectos de pensamento cristián. Presentan, así, a un Carballo comprometido, até os últimos días da súa vida, co espírito de renovación e inculturación da Igrexa emanado polo Concilio Vaticano II, próximo á Teoloxía da Liberación. "Na encrucillada de Paco (...) prendeu unha nova luz ─expón Vidal─ Asume os cambios que se producen na Igrexa universal e dá un xiro a súa vida, sen voltas atrás"
"Xan Carballa achéganos o retrato do activista político e social e á súa participación nos sindicatos e nas organizacións clandestinas dos anos 70."
O historiador Anselmo López Carreira destaca o papel de Carballo na construción nacional a partir da súa investigación ao redor do pasado de Galiza. Defíneo como un historiador influenciado pola escola marxista e a dos Annales, que prioriza, fronte á historia d@s poderos@s, a investigación crítica ao redor das dimensións políticas, económicas, sociais e culturais. E lembra como mesmo chegou a ser sancionado por tal papel, procesado por cualificar de asasinato a morte de Moncho Reboiras.
Xan Carballa achéganos o retrato do activista político e social, a súa influencia na xuventude nacionalista dos anos 70, a súa participación nos sindicatos e nas organizacións clandestinas do nacionalismo e o seu papel como promotor cultural e no mundo editorial. "Estaba ao día, estudando de continuo, moderno, avanzando sincrónico co seu
O avogado Antón Gómez é o protagonista da entrevista deste A Fondo. Fálanos de Francisco Carballo dende a ollada e o sentir de quen foi, primeiro, discípulo seu e logo amigo. A el tívoo como guía dende a época de estudante na orde dos Pauís, na Universidade Pontifícea de Salamanca na que Carballo era rector e el estudante, e logo como o cura obreiro que Gómez foi até a súa secularización.
*Fotos de Xan Carballa