O SEMANARIO VOLTA AO SEU ENCONTRO CON LEITORAS E LEITORES ESTA QUINTA FEIRA
O diario dixital non se actualizará con motivo do día de Reis
05 de xaneiro de 2015 (15:56 h.)
Esta terza feira (6 de xaneiro) o diario dixital Sermos Galiza non se actualizará.
Por descanso do persoal a páxina web volverá á súa actividade habitual a cuarta feira (7 de xaneiro).
Esta semana tamén volverá aos quiosques de todo o país o semanario en papel após dúas semanas de ferias. Neste senso, a quinta feira (8 de xaneiro) as persoas asinantes do xornal recibirán nas súas moradas máis un número do Sermos Galiza que tamén poderá ser adquirido nos quiosques, librarías e na nosa loxa virtual.
Boas festas!