As familias móvense contra o fechamento da última unitaria de Cerceda, o CEIP O Calvario
Educación comunicaba esta segunda feira ás familias do CEIP do Calvario (queixas-Cerceda) que o vindeiro curso non funcionaría esta escola. Mais esta parroquia non está dispostas a que o anuncio sexa realidade. Vídeo no interior
Na visita oficial que esta cuarta feira o presidente da Xunta fixo a unha empresa de Cerceda atopou un recebemento que seguramente non agardaba: pais e nais de alumnos esperando por el para lle informar do impacto negativo que supuña o fechamento da última escola unitaria deste concello, o CEIP do Calvario, en Queixas. Non poideron facelo, pois nin Núñez Feijóo nin o alcalde se achergaron até eles, un grupo de familias e crianzas 'custodiadas' en todo momento pola Policía Nacional.
As familias querían pedir que esa unitaria seguise aberta. Non por capricho ou comodidade, senón polo que supón en canto a modelo inclusivo de escola e de proxecto educativo integrado na súa propia contorna.
Estas familias poñen o exemplo doutras unitarias en Cereixo (Vimianzo) e Taboada (Carballo), que no seu momento estiveron en perigo de fechamento mais se acordou manter abertas un tempo. Indican que os nacementos destes anos en Cerceda amosan a “viabilidade” desta unitaria nos vindeiros anos.