Rajoy e Bárcenas presentes no Entroido galego

Rajoy festexa o seu soldo polas rúas da Coruña [Imaxe: Xurxo Lobato]
Os escándalos na contabilidade do Partido Popular centran a sátira política no Entroido.

 

As comparsas e choqueiradas de Entroido nunca fuxiron á crítica política. Esta fin de semana as vilas e cidades do país engalonáronse para festexar unha das datas máis sinaladas no almanaque galego. Rajoy, Feijóo, o escándalo Bárcenas ou algúns dos conflitos máis sonados no país como a estafa das preferentes centran os temas elixidos nas choqueiradas. Porén, os sobresoldos do presidente español e o seu striptease fiscal --do que se tiran salarios de máis de 200.000 mil euros ao ano-- deixáronse ver en mais dunha entroidada galega.