“Rabat” escollida mellor longametraxe de ficción no Amal 2012
A edición 2012 do Festival de Cine Euroárabe Amal que se celebrou en Compostela conseguiu este ano un éxito de particición que confirma a consolidación dun proxecto que xurdiu hai dez anos da Fundación Araguaney. Máis de 7.000 persoas asistiron aos pases das 31 películas que participaron na selección oficial. O xurado deste ano, composto por Dna. Sanâa Alaoui, Presidenta do xurado, D. Tahar Houchi, Dna. Maria Mera, D. Afonso Pato, D. Khaled El Haggar e D. Jesús Núñez Villaverde, así como Coralie Yap Chine, Coordinadora do Festival non o tiveron nada doado pola grande calidade das creacións presentadas.
Premios
Os premios desta edición son:
Mellor longametraxe de ficción: 5.000 euros e trofeo a “Rabat”, de Jim Taihuttu e Victor Ponten, Países Baixos (2011)
Mellor longametraxe documental: 3.500 euros e trofeo a “Le thé ou l`electricite”, de Jerome Le Maire, Bélxica/Marrocos (2012)
Mellor curtametraxe de ficción: 1.200 euros e trofeo a “Ensemble”, de Mohamed Fekrane, Francia (2011)
Mellor curtametraxe documental: 1.200 euros e trofeo a “Eid”, de Saaheb Collective, Palestina (2011)
Mellor director: 4.000 euros e trofeo a Jim Taihuttu e Victor Ponten, de “Rabat”, Países Baixos (2011)
Mellor actriz: Trofeo a Soufia Issami, pola súa interpretación en “Sur la planche”, de Leila Kilani, Marrocos/Francia (2011)
Mellor actor: Trofeo a Nasrdin Dchar, Achmed Akkabi e Marwan Kenzari de “Rabat”, Países Baixos (2011)
Premio Amal Express de 500 euros e trofeo a “El juego de la corrupción”, de Ramón Herrera e Álvaro Menéndez
Premio da TVG de 3.000 euros, 3 pases da película na cadena e trofeo a longa de ficción “Sur la planche” de Leila Kilani, Marruecos/Francia (2011)
Premio del público de 1.500 euros e trofeo a “Sherezade et le dèlice casher” de Agnès Caffin, Francia (2010)