As persoas con Covid persistente da área sanitaria de Ourense poden facer uso gratuíto dos servizos de fitness, pilates e ioga
03 de maio de 2023 (13:34 h.)
As persoas que padecen Covid persistente pertencentes á área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras poderán acceder de modo gratuíto aos programas de fitness, pilates e ioga que oferta o Pazo dos Deportes Paco Paz. "A práctica deportiva continuada é unha axeitada ferramenta para mellorar a saúde e o benestar das persoas diagnósticadas de covid persistente", indican desde o Sergas e a Deputación de Ourense.