O Parlamento pide á Xunta estudos sobre as causas da escasez de polbo na costa galega

Un exemplar de polbo (Foto: Nós Diario)

O Parlamento insta o Goberno galego a levar a cabo os estudos necesarios para determinar as causas da escaseza de polbo nas augas galegas. Tamén pide que, de acordo co sector, o Executivo galega proceda á revisión das condicións para estabelecer no plan experimental (número de nasas, cotas máximas de captura, período de veda e control, medidas de loita contra o furtivismo, etcétera). Por último, reclama dispor e incrementar as medidas de cobertura económica que permitan estabelecer paralizacións temporais, extensión da veda ou atender ao sector ante calquera outra decisión de recuperación da especie.