Un operario falece en Vilanova de Arousa ao quedar atrapado nunha máquina de cortar madeira

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).

Un operario faleceu na mañá desta segunda feira na localidade de Vilanova de Arousa (comarca do Salnés) ao quedar atrapado nunha máquina de cortar madeira. Tal como informou o 112 da Galiza, este accidente laboral ocorreu na estrada de Deiro. No operativo participaron Urxencias Sanitarias da Galiza 061, os bombeiros de Ribadumia (comarca do Salnés), a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.