Morre un home en Ponteareas ao caerlle enriba unha árbore mentres realizaba unha corta

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).

Un home morreu esta cuarta feira no Concello de Ponteareas, comarca do Condado, ao caerlle enriba unha árbore mentres realizaba unha corta nunha leira da parroquia de Xinzo. Segundo informou o CIAE 112 Galiza, o suceso tivo lugar minutos antes das 09 horas nunha leira propiedade do falecido situada no lugar da Barreira. O home foi golpeado por unha árbore que acababa de cortar, traballos que realizaba en compañía doutra persoa que foi a encargada de dar a voz de alarma aos servizos de emerxencia. Até o lugar mobilizouse un equipo de Urxencias Sanitarias 061 desprazados no helicóptero con base en Ourense, que non puideron facer nada pola vida do falecido.