Os males do turismo de masas, a escena
22 de marzo de 2024 (07:08 h.)
Os efectos nocivos do turismo masivo e as tensións que xera na poboación local son os elementos que trata Go home, unha comedia negra con dramaturxia de José Prieto e dirección de Tito Asorey que se estreou esta quinta feira, 21 de marzo, no Teatro Principal da Estrada. Protagonizado por Josito Porto e David Amor, o espectáculo representarase os días 23 e 24 no Teatro Coliseo Noela de Noia, para ir despois a Viveiro e viaxar até A Coruña no marco do Encuentro Mundial de Humorismo.