Francia convértese no primeiro Estado en garantir constitucionalmente o aborto

O presidente francés, Emmanuel Macron, en febreiro. (Foto: Vincent Isore / Europa Press / Contacto)

Co voto favorábel da inmensa maioría das lexisladoras e lexisladores, as dúas Cámaras do Parlamento francés aprobaron a segunda feira no Palacio de Versalles, lugar de reunión para levar a cabo modificacións constitucionais, a inclusión do dereito ao aborto na Carta Magna. Desta maneira, Francia é o primeiro Estado no mundo en recollelo no texto constitucional, en reacción ao retroceso nesta materia que sofren as mulleres estadounidenses.