Esquerda Unida confirma que concorrerá xunto con Sumar ás eleccións estatais
09 de xuño de 2023 (15:40 h.)
O ministro de Consumo do Goberno español e coordinador da formación Izquierda Unida, Alberto Garzón confirmou mediante un comunicado que a súa organización alcanzou un acordo para concorrer xunto con Sumar ás eleccións estatais do 23 de xullo. Garzón indica no comunicado que a formación que coordina terá deputadas e deputados no futuro grupo parlamentario e que “traballarán con autonomía”.