Condenan o Sergas a pagar 150.000 euros por non activar o Código Ictus para un paciente en Ferrol
05 de maio de 2023 (19:16 h.)
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) avalou unha sentenza de primeira instancia e condena o Sergas a pagar 150.000 euros por non activar o sistema ‘Código ictus’ para un paciente ferrolán, causándolle un posíbel agravamento das secuelas. O caso remóntase a 2017, cando o home, un paciente de 64 anos de idade, foi atendido após un episodio de mareo, sudación e vómitos. A sentenza ve clara que “a primeira asistencia prestada non foi correcta”.