Arden dous vehículos após incendiarse un alpendre no municipio de Laxe

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)

Dous vehículos terminaron calcinados no incendio rexistrado na tarde do luns nun alpendre situado no municipio de Laxe (comarca de Bergantiños).

Segundo o CIAE 112 Galiza, varios veciños do lugar de Boaño, na parroquia de Traba, chamaron á central de emerxencias para alertar do suceso.

As chamas afectaron un alpendre que albergaba dous coches e distintos obxectos, que arderon nun incendio que se saldou sen persoas feridas.