Allariz presenta unha nova edición do 'Allariz de Medo'
17 de outubro de 2023 (09:16 h.)
O Concello de Allariz celebrará a sétima edición do Allariz de Medo, coincidindo coa festividade de Samaín, unha festa rescatada da antiga tradición celta. Durante o período que abrangue os días do 27 de outubro ao 1 de novembro, almas, bruxas e seres do máis alá reuniranse na localidade allaricense. “O ambiente nas rúas enriquécese con varias animacións ao longo destes días”, indicaron a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e a concelleira de Promoción Económica, María López, presentaron esta sétima edición do Allariz de Medo acompañadas de parte dos seres que habitarán Allariz durante o Samaín.