GALERÍA | Galiza berra pola liberdade de Palestina
17 de outubro de 2023 (08:35 h.)
Miles de persoas saíron esta segunda feira ás rúas galegas para rexeitar a nova agresión israelí sobre Gaza —que provocou desde o seu inicio e até a última hora da tarde 2.800 mortes—. 16 concentracións noutras tantas cidades e vilas da Galiza para mandar unha mensaxe clara de apoio e solidariedade co pobo palestino.